Debora Campos

Filla de galegos, naceu no Centro Galego de Bos Aires en xaneiro de 1973. Xornalista e profesora na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Buenos Aires (UBA). Formouse na UBA e na escola de xornalistas TEA, mentres traballaba en xornais como Clarín, Página/12, El Día  e revistas (Noticias, Veintitrés, Mercado, entre outras). É colaboradora ocasional do xornal electrónico Vieiros de Galiza e membro do Foro de Periodismo Argentino (FOPEA). Traballa fai cinco anos no único xornal gratuito que chega ás principais universidades de Bos Aires. É autora do blog Fíos Invisibles e columnista no Diario Cultural da Radio Galega que conduce Ana Romaní.

Advertisements

Responses

  1. A curiosidade matou ao gato e a min pásame o mesmiño ca eles

    Estoume a volver tolo intentando atopar unha fotografía súa.

    Será posible non dar atopado nada na era da información e coa Internet tan avanzada que temos?

  2. Pero home se a ten nesta mesma páxina!!!!! Ainda que ben mirado podia quitala e tamén as outras que estan polo blogomillo e xenerar todo un misterio ;-))

  3. Máis curiosidade aínda???? Eso non é posible. E os seus fans pedimos unha foto súa non unha miniatura 😉

    Nada, que a cuestión é que escoiteina no diario Cultural da Radio Galega e non hai cousa que me fastidie máis ca unha voz sen cara aínda que se perda todo o Romanticismo.

    Gústanme moito algúns artigos seus pero desde aquí, Galicia, pídolle que meta máis caña as institucións e sobre todo ás empresas privadas.

    Grazas pola aclaración da foto e saúdos.

  4. Grazas Martín por escoitar! Vivir lonxe de Galiza ten algunhas cousas boas e tamén moitas malas. Entre as últimas, perdo calquera posibilidade de intercambio coa xente que escoita o Diario Cultural e que tanto poderían axudarme a facer mellor o que fago. De feito que este comentario éme valioso e moito llo agradezo. Apertas!

  5. Ola Débora son Suso Rubio (roi buligan) pásame o teu correo se podes, teño que comentarche unha idea, bicos

  6. Feito está. Apertas!!

  7. Ola Débora:
    Soio escoitar pola Radio galega os teus artigos e gústanme moito. Vou ir a Buenos Aires quince días (do 2 ao 16, visitarei a feira do libro) e gustaríame moito poder coñecerte e se fose posible facerche unha entrevista para un traballo de carácter social e antropolóxico que estou a levar a cabo sobre o traballo das mulleres galegas e tamén das que están ao lonxe…
    Podería contactar contigo? Se queres como ??.

    Unha aperta.

  8. Ola Montse!
    dende logo que podes contactar comigo! agora mesmo mándoche un correo cos meus teléfonos e xa verás como atopas unha chea de galegas interesantísimas!
    Benvida!

  9. Olá Débora. tenho de reconhecer que atopei o teu blog hoje, porque foi hoje quando perguntei ao google como era que nom conhecia eu a faciana de quem me alegrou a tarde muitas muitas quintas. Sim, tenho de reconhecer que esperei ao último alento dos teus comentários no diário cultural para buscar-te; mas quero também que quede claro que o motivo de te buscar foi que nom queria que a despedida fose só uni-direccional; graças, Débora, graças e muito ánimo, nom somos poucos (embora eles queiram fazer ver que somos quatro gatos), e seguiremos, e resistiremos.

    Saúde, sorte, ánimo, e sobre de todo, apertas….ao longe 😉

  10. Graciñas digo eu olizinho! pola procura, polo saúdo, por estares alí antes e agora. Emocionoume a túa mensaxe.

    Apertas!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: