Publicado por: deboracampos | Xuño 25, 2009

A polémica pola Delegación

O que ten a Verdade, como tamén a Mentira, é que moitas veces -máis das que nos gusta pensar- non son unánimes. A Verdade adoita agochar fendas e quebras, tanto como a Mentira pode ter e ten facianas de honestidade. Deses matices é que fala nestes días a polémica sobre o destino da Delegación que a Xunta de Galicia ten en Bos Aires.

O Goberno galego abriu a súa sede na Arxentina no mes de outubro do ano 2007. Para funcionar, alugaron un moi amplo espazo (uns mil metros) sobre a céntrica rúa 25 de Mayo. É este emprazamento e os custes do aluguer o que sementou a polémica.

A comezos deste ano, o daquela candidato do PP e hoxe presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, anunciou a súa intención de pechar a Delegación porque -explicou- se poden ofrecer os mesmos servizos sen gastar tanto. Na outra beira, os socialistas rexeitan a medida porque -acusan- o que busca é partidizar o contacto cos cidadáns.

“A Xunta elixiu un local que está no corazón da cidade de Bos Aires, próximo aos asentamientos dos galegos, á Casa Rosada e a Embaixada de España en Arxentina”, sinalou a secretaria de Igualdade do PSdeG, Laura Seara.

A Verdade e as súas fendas. Porque a Delegación atópase no recanto financeiro da cidade de Bos Aires polo que pasan milleiros de persoas cada día que van dun banco ao outro. É dificil imaxinar unha localización mais incómoda. Pode que esté preto da Casa do Goberno e da Embaixada de España pero nin a Casa Rosada nin a sé do Goberno Español teñen por obxectivo a atención de moreas de cidadáns como sí a Delegación.

Tampouco falou Laura Seara das nóminas escandalosas dos empregados da Delegación da Xunta (en moito superiores aos salarios arxentinos) e menos ainda das dubidosas condicións nas que se levaron adiante as oposicións deses empregados.

Pola súa banda, non minte o Goberno galego cando dí que boa parte da colectividade   xa amosou a súa satisfacción polo traslado da oficina ás instalacións do Centro Galicia. Claro que se coida de engadir que o presidente dese centro é militante do PP.

Por último, algo de verdade tamén ten o que apuntou a ex delegada María Xosé Porteiro no seu blog: “Trátase dunha decisión que deixa en mans privadas a xestión de asuntos públicos. Fagamos o exercicio de empatía imaxinando ese tipo de solucións aquí. (…) Leven a Delegación da Xunta en Pontevedra ao Casino, a da Coruña á Confederación de Empresarios e a de Vigo á sede da CIGA”, anotou.

Velái, as moitas facianas da Verdade. Ou da Mentira.

Apertas ao lonxe…

Advertisements

Responses

  1. Ahora me explico porque han perdido las elecciones el “bipartito”. ¿Sabrán ellos por que fue?

    Gracias por su esclarecedora entrada y mi felicitación por su trabajo.

    Saludos desde Jerez


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: