Publicado por: deboracampos | Xuño 18, 2009

Un galego calquera

Esta é a historia dun galego calquera. Un galego da diáspora. Un home educado por pais que deixaron a súa aldea de Fisterra hai máis de sesenta anos e chegaron a Bos Aires para edificarse unha vida e -así- edificar este país. Unha historia calquera.

O home chámase Jorge. Fillo de Juan. Socialista de toda a vida e pais de dous fillos pequenos. Nada extraordinario. O noso galego calquera, voltaba á sua casa nunha noite de chuvia cando dous homes quixeron roubarlle. Golpearono na cabeza e deixárono tetrapléxico.

Era o mes de novembro do ano 2007 e a nova chegou a todos os xornais (tamén aos medios galegos) porque Jorge Rivas era daquela un alto cargo do Goberno arxentino. De todos os xeitos, pouco importaban os poderes cando a morte respiraba tan pero tan preto del.

Os médicos non daban esperanzas. E non por egoístas. Sinxelamente, non as había. O dano cerebral era irreversible. O espanto e a conmoción estaban en todas as canles, en todas as casas.

Pero, dito foi antes, o noso Jorge é galego. E houbo quen viu niso a posibilidade da supervivenza. Despóis de todo, ten no seu ADN, na súa memoria histórica, emotiva e xenética a pegada da resistencia, da vida mesmo cando non quedan motivos para vivir. E Jorge Rivas non morreu. Claro que non.

Hai menos dun mes, nun acto que foi todo emoción, o galego Jorge Rivas, ex-xefe de Gabinete de Ministros- asumiu como deputado o cargo para o que fora votado antes do roubo. Chegou ao Congreso na súa cadeira de rodas e, como non pode falar, prometeu o seu posto movendo a cabeza. Pasaran ano e medio dende que quedou preso nun corpo que non é quen de mover. Ano e medio no que aprendeu a vivir de novo.

Jorge Rivas comunícase cos outros grazas a un sistema informático deseñado por alumnos dunha universidade pública que permite que o seu ordenador recoñeza os acenos feitos por unha man e os traduza a sons metálicos que falan o que el non pode.

Con este sistema, o deputado Rivas -fillo de galegos- ofrecerá os seus discursos no parlamento. Tamén lle vale para dar entrevistas. Hai poucos días, nalgunha delas dixo: “A dereita está acubillada e ten actores moi influientes para penetrar no tecido social. Está sempre lista para explotar políticamente calquera contradición. E xa vimos como se comportan cando se trata de defender os seus privilexios. De todas as maneiras, volverán tomar a iniciativa só se o permitimos”. E así remata (so por hoxe) esta historia dun galego calquera.

Apertas ao lonxe…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: