Publicado por: deboracampos | Maio 28, 2009

Non só clubes de lectura

A fío do que aprendimos e descubrimos a semana pasada neste Diario Cultural que nos achega sobre os clubes de lectura en xeral e sobre Espazo Lectura de Gondomar en particular, quería eu engadir algúns trazos dende aquí. Xa non sobre o concepto deste tipo de grupos, xa non sobre o traballo de animación que poden espallar, xa non sobre o efecto de mercado que tamén teñen. Eu, hoxe, dende Bos Aires, quería referir á forte pegada emocional e identitaria que un clube de lectura pode imprimir. Eu quería falarvos sobre o moito que pode facer pola conciencia dunha Galiza presente no mundo, sobre o moito que aprende e seduce, e sobre a maneira natural (e non por iso armónica) coa que desvela a pertenza a unha nación, a unha cultura e a unha lingua.

Quería falarvos, se non mo tomades a mal, sobre o club de lectura que mellor coñezo: o que funciona no Café Tortoni da cidade de Bos Aires hai xa tres anos. Os por qué dese ciclo de literatura xa os coñecedes. Os como tamén. E dos quen e para que lembro que vos falei así como do que lemos e da nosa maneira de comentar e debatir.

Esta tarde, quero contarvos a historia de Claudia, xornalista e neta de galegos que descubriu que podía ler na lingua da Galiza sen ela sabelo porque esa foi a lingua dos seus ao longo de séculos. Claudia vai a cada xuntanza co seu fillo de poucos meses para non perder os debates.

Tamén quero dar conta da historia de Cecilia, bibliotecaria, que chegou ao Tortoni coa sua nai e que non só atopou lazos da súa identidade senón un emprego na Biblioteca Galega de Bos Aires. Quero falarvos de Mariela, licenciada en Letras, que chegou no 2007 porque se falaba da Guerra Civil -que é o tema da súa tese de doutoramento- e foi convidada a guiarnos na análise da obra de Rosalía de Castro o sábado pasado.

Non quero deixar de falarvos sobre Antón, profesor e entusiasta participante das xuntanzas,  que leva un meticuloso inventario das referencias á emigración que agocha cada un dos libros traballados. Tamén o señor Xemeno, grande polemista que sempre atopa a maneira de referir á súa Coruña e que nos aprende cada sábado algo sobre a Galiza que tanto e tan ben coñece.

Remátanme os tres minutos e ainda nada dixen da señora Alba, de Lola, de Susana ou mesmo da miña irmá pequena, Grisel, que cando leu a primeira novela do ciclo comentou asombrada: “Pero se este libro fala da nosa avóa!”.

Os clubes de lectura son moito máis que clubes e moito máis que lectura. Son unha ferramenta política poderosa, moito máis cas bombas, cuio potencial de cara ao mundo ainda a Galiza non descubriu.

Apertas ao lonxe…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: