Publicado por: deboracampos | Maio 21, 2009

Resistencia ou disidencia

Como calquera sabe, a internet vale para que os rapaces perdan o tempo e copien traballos para a escola. A rede vale para roubar cartos dos bancos, para ligar ou para ver o novo episodio de Lost antes ca ninguén. Pero a internet tamén vale para discutir e para debatir. Para buscar camiños e pensar o futuro.

O crítico cinematográfico Martin Pawley e mais eu levamos hai días preguntándonos sobre o futuro próximo da cultura galega. É un debate mar por medio, a través do chat e que se enlaza con cinco horas de diferenza. É un debate que xurdiu dunha distinción semántica: tocan tempos de resistencia cultural para Galicia ou tocan tempos de disidencia cultural?

Martin prefire o concepto de disidencia. El explica o motivo: “O que me interesa é a idea de actuar á marxe, separarse dos camiños comúns -apuntou no chat-. É dicir, creo que agora máis que nunca hai que moverse, optar pola “vía cívica”, pola autoorganización, por facermos cousas á marxe do que nos deixe facer o Estado. E non porque goberne o PP, hai que facelo sempre”.

Como non se trata só de ideas, Martín apunta exemplos concretos: “Hai asociacións facendo cousas moi interesantes -escribe-. Espazo Lectura en Gondomar, por exemplo. E terá que haber máis. Crearmos foros e espazos de debate, mais non só de debate, tamén de acción, e procurar recursos á marxe da administración. Non podemos estar permanentemente entregados a ela, pendentes de se terán “sensibilidade” ou non cara as nosas propostas”.

As palabras de Martín Pawley poden soar disonantes no contexto cultural galego pero, para o estilo arxentino non fai máis que retratar o modelo común de xestión cultural por fora do Estado. Dalgunha maneira, a Galicia e a Arxentina ofrecen mecanismos antagónicos e por tanto que se poden retroalimentar. Tamén aquí hai colectivos galegos que funcionan con éxito sen o financiamento estatal (nin dalá nin daquí).

Di él que a pregunta que cumpre facer é se hai espazo por fora dos ocos que o Estado reserva para esas cousas. E pon a consideración unha resposta: “Debe habelo. De feito, tradicionalmente as máis valiosas accións naceron do asociacionismo, da organización cívica… na España dos anos 70-80, houbo moitos colectivos argallando cousas potentes”.

No que coincidimos é que os tempos son chegados. Dende a resistencia ou dende a disidencia. Toca sair á rúa, facer o que pensamos que debe ser feito, deixar atrás a poltrona do espectador e coller o traxe de actores da nosa propia cultura. Ti que sabes facer? Ti que pensas que cumpre facer? Anímaste a buscar a outros que pensen coma ti?

De resistencia e de disidencia. Da cultura galega. Ainda que os xornais pouco falen disto, a internet tamén vale para buscar camiños e pensar o futuro.

Apertas ao lonxe…

Advertisements

Responses

  1. […] voces e a contaminación mutua, circunstancias imprescindíbeis para o progreso. Internet é un territorio idóneo para a disidencia, mais non é o único. O caso é organizarse para crear e para disentir. Disentir […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: