Publicado por: deboracampos | Maio 14, 2009

As Letras en Bos Aires

A información dí asi: “Os xardíns do Trocadero (en París) falarán galego esta semana. Neste escenario privilexiado desenvólvese ata o día 17 de maio a primeira “Semana Cultural de París” na que se ofrecerán exposicións, vídeos, conferencias, concertos, así como degustacións de produtos gastronómicos entre outras actividades. O vindeiro domingo, coincidindo coa celebración das Letras Galegas, destaca o unha conferencia sobre Ramón Piñeiro, o homenaxeado nesta ocasión”.  Que me dera darvos unha nova coma esta referida a Bos Aires, pero non é posible: non hai aquí semana da cultura galega, como non hai actividades centralizadas que colaboren na visibilización das Letras Galegas para os arxentinos.

Este ano, como todos os anos, un feixe (minoritario, dende logo) de centros da colectividade ofrecerá un acto para lembrar a Piñeiro e falar do Día das Letras Galegas, en castelán, tamén como todos os anos.

O sábado, na Federación de Sociedades Galegas haberá unha conferencia do vice-rector de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Iván Área; e do escritor Antonio Pérez Prado baixo a moderación do historiador Ruy Farías. Logo haberá viño, claro.

Tamén haberá charla no Centro Galicia como todos os anos. Será á mesma hora que a anterior e no remate haberá cantareiras e música. Media hora antes, o Centro Betanzos convida á presentación do licenciado en Letras Higinio Martínez que vai disertar sobre o “Día das Letras Galegas”. Tamén será antes do viño de honra, prometen.

Un día antes e da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, quedará inaugurada a exposición “As nosas palabras, os nosos mundos” sobre a historia do galego a súa presenza no mundo. A mostra poderá visitarse durante todo o mes de maio na céntrica Casa da Cultura, do goberno da Cidade de Bos Aires o que sí que representa un importante paso adiante.

Pero no seo das institucións galegas aquí, a excepción será -tamén como todos os anos- o Instituto Santiago Apóstol que vai abrir as súas portas o venres día 15 para que os seus alumnos (uns cincocentos cativos e adolescentes) homenaxeen á cultura de Galicia. Baixo a coordinación do entusiasta profesor Carlos Rodríguez Brandeiro os rapaces ofrecerán dúas funcións nas que se producirá o fermoso milagre de escoitar como nese centro o galego é moeda corrente na fala. Unha fala bulideira, natural e desenvolta. Eles, eses rapaces e a súa fala son a promesa de que, algunha vez, as cousas aquí xa non serán como todos os anos.

Apertas ao lonxe…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: