Publicado por: deboracampos | Maio 22, 2008

Pan si, libros tamén

Mónica Farías é unha rapaza encantadora. Afable e con responsabilidade, atendeu a visita, a consulta, e ata as impertinencias das moitísimas persoas que pasaron polo espazo que a Consellería de Cultura tivo na Feira do Libro de Bos Aires. Desa experiencia apañou unha boa dose de anécdotas. Con todo, só unha a levou a escribir unha carta que mandou aos seus amigos e coñecidos.

“Quero deixar rexistro de algo que me aconteceu hoxe para sumar á reflexión sobre os imaxinarios que circulan ao redor do que é ou debe ser, ser galego entre os membros da nosa comunidade”, di Mónica Farías na súa carta.

A historia pode sintetizarse así: esa tarde, chega á caseta un home que quere mercar o libro A cultura do pan. A rapaza explicalle que ainda os libros non están á venda e o home alporízase, berra e mesmo intimida ás dúas mulleres que atenden o espazo. Escoitade o que conta Mónica. “Antes de marchar, fíxome saber que el mesmo era un gran difusor da cultura galega e que se sentía absolutamente indignado pola escasa importancia que lle daban a un tema tan relevante como a cultura milenaria do pan para a constitución da identidade da nosa colectividade. Ademáis, pareceulle pouco acertada a elección dun libro como Feminismo e coñecemento de Carme Adán para estar entre o material exposto porque –dixo- ese tema correspondía máis a un saber de tipo internacional que ben podería difundir a Universidade de Bos Aires ou calquera institución doutro país”.

Conta Mónica Farías que o home deixou os seus datos para asentar unha queixa e que así soubo que era o propietario dun restaurante con nome de provincia galega. Pregúntase Mónica se este señor cre honestamente na lexitimidade e exclusividade da difusión da cultura galega pola vía dixestiva. Pregúntase tamén: “Pode un celíaco ser aceptado como membro desta colectividade se en lugar de pan confórmase con acompañar a comida con galletas de arroz? Supoño –engade- que haberá que pensar na posibilidade de atopar algún outro elemento identitario se é que non queremos reducir o “ser galego” aos catro momentos do día en que nos sentamos á mesa”.

Se cadra, ao lonxe, a historia parécevos mínima. Con todo, ten a potencia de atrapar a esencia mesma do que moitos pensan que é a condición de galego. Ainda hoxe.

Remata Mónica Farías dicindo que a rabia do home levouna a outras rabias. Di ela: “Como a que teño cando enfronto reduccionismos baratos sobre as características do pobo da miña nai e avós, produto da ignorancia fomentada moitas veces desde o interior da nosa propia colectividade”.

Apertas, ao lonxe…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: