Publicado por: deboracampos | Novembro 22, 2007

Piropos

Non sei se se estila, alí na terra, o de louvar ás mulleres pola rúa. Imaxino que si, ainda que penso que de ser, será un pouco máis medido, un pouco máis discreto, é dicir, un pouco máis europeo do que escoitamos por estes sitios onde o clima fai medrar as plantas e os entusiasmos con maior énfase. Aquí, na cidade de Bos Aires, non dicimos gabar a unha muller, dicimos piropear porque o costume do piropo é tan extendido e tradicional que, nalgún momento, necesitou dun verbo.

Os vellos porteños lembran que daquela o piropo era unha xeografía masculina cunha fronteira delimitada pola elegancia e o enxeño. Eran anos nos que ainda se respiraba unha certa inxenuidade e unha moza escoitaba ao pasar: “Dios debe estar distraído, porque los ángeles se le están escapando…” ou “Qué adelantada esta la ciencia que hasta los bombones caminan”.

Dende logo, non todo era elegancia e enxeño. Por iso, elas comezaron a reparar nos acenos de machismo e violencia que algunhas verbas imprimían. Bueno… non solo elas, tamén algúns académicos coma o sociólogo chileno Ramón Silva Negrete que explicou que “polo feito de ser anónimo, quen expresa un piropo non se preocupa ou compromete coas consecuencias que este pode ter sobre a outra persoa. O importante é satisfacer a necesidade persoal de expresalo e descargar o que xorde nese momento”.

Fillas das súas nais, as rapazas de hoxendía herdaron a tradición dos piropos e sen agardar a que alguén lles dera un permiso ceibáronse da obriga de recebilos e da prohibición de enuncialos. Non é extraño ver polas rúas de Bos Aires a mozas gabar os encantos dun atribulado rapaz que non sabe se falar, se calar, se responder, se fuxir…

Como no Aleph, as rúas porteñas son agora unha reunión de todos os tempos, de todos os piropos ditos e por dicir, do universo do piropeador. Tanto pode unha muller gañar un sorriso polo encanto dun home maior e galante, como o espanto pola violencia dun porcallán. E como en todos os tempos, tamen están os piropos que, buscando gabar, non fan máis que deixar á vista unha falla, unha carencia, algo do que non sempre se está orgulloso.

Nestes días, a presidenta electa da Arxentina Cristina Fernández de Kirchner foi visitar a un funcionario fillo de galegos que quedou en coma logo dun roubo. Falou no hospital cos familiares e co pai do home, un emigrante de Fisterra. Segundo conta a prensa, Cristina Kirchner logrou un momento de distensión no medio da preocupación. A Presidenta chanceou co pai do funcionario: “Eu estou afeita falar con galegos que perden o acento, pero vostede parece un porteño de San Telmo”, dixo. Un piropo. Vaia piropo.

Apertas ao lonxe…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: