Publicado por: deboracampos | Xuño 28, 2007

De soños e de realidades

Cando era eu unha nena fanteseaba con moitas cousas. Delas, a que máis ilusión me facía era a de ser unha princesa máxica ou unha fada que -nalgún momento- sería quen de cumprir desexos. Pensaba que, co tempo, acadaría os poderes necesarios para pechar os ollos, concentrarme moito, e pedir algo que inmediatamente se cumpriría.

Claro que logo fun medrando, deixei as fantasías monárquicas, preferín as republicas e afíxenme á idea de que os soños fanse realidad se traballamos esforzadamente neles. Nin fadas, nin maxia, nin moito menos inmediatez.

Por iso, cando agora un soño enunciado ven de cumprirse case no mesmo momento, casi máxicamente , non son quen de esconder a sorpresa e a ledicia. E como fústedes testemuña do asunto veño hoxe a compartir con vós a miña sorte. A nosa sorte!

A semana pasada, falaba eu da imaxe dos galegos que imprimen na súa narrativa a nova xeración de escritores e escritoras arxentinos. Contábavos algunhas historias recentes nas que as xentes de Galiza sempre son feas, bastante primitivas e non menos brutas. E o comentario remataba cunha pregunta: “¿Faremos algo?”

Pois teño a ledicia de contarvos que ainda sen pechar os ollos, e sen poderes máxicos, o desexo comezou a cumprirse. Nos primeiros días de xullo será presentado o Centro de Investigación Ramón Suárez Picallo que quere achegar a profesionais coa vontade de traballar dende o ámbito da universidade . Según detalla o coordinador  da institución, o historiador Hernán Díaz, a idea é relacionar e colaborar con todos os que investiguen (na Arxentina, en Galiza ou onde eles estean) sobre o pobo galego e a súa vida. A idea é facer do Centro un lugar de encontro, de axuda, de pensamento e de traballo.

O convite foi lanzado a un grupo de universitarios, de idades diversas dentro dunha xeración que vai dos 20 e tantos aos 40 anos, con fíos ou non con Galiza que, illadamente, veñen facendo algún camiño neses temas. Homes e mulleres novos, homes e mulleres cunha mirada sobre o galego desprexuizada, homes e mulleres que moito poden facer na tarefa de espallar e imprimir unha nova e máis apropiada imaxe de Galiza e dos galegos na Arxentina.

O acto de presentación do centro vai ser o vindeiro venres 6 de xullo. Quero estar alí, agora que levo tantos anos sen ser unha nena. Agora que, ainda sendo unha muller, volto a creer nas fantasías, na maxia e nos soños que se fan realidade.

Apertas ao lonxe…

Advertisements

Responses

  1. Acabo de atoparche agora por aquí, e dende logo que e boa idea poñer os comentarios do diario cultural por escrito . Agora que ando no mar outra vez non teño oportunidade de escoitalos sempre.

    Apertas dende un chisco mais preto

  2. Graciñas Homesdepedra por estares alí, mar por medio, ainda que un chisco máis preto!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: