Publicado por: deboracampos | Xuño 21, 2007

Como nos ven

Non sei se xa volo contaría, pero se hai algo que me desespera de vivir na cidade de Bos Aires é esa teima dos porteños de sempre querer saber qué pensa deles o resto do mundo. Digo todo isto -dalgún xeito para disculparme- porque hoxe vou facer o mesmo pero ao revés. Vou preguntarme -dende  a miña doble e particular visión- cómo ven os porteños aos galegos. Non falo dos galegos históricos senón dos galegos de hoxe. Non dos barcos de emigrantes senón da Galiza actual.

O primeiro a dicir é que, aquí, ainda hoxe, o xentilicio emprégase no sentido xeral e impreciso de sempre: galego, gallego, é todo aquel que naceu no Estado Español. Onte mesmo, nun taxi, o conductor loubaba o xeito de cociñar dos seus avós galegos. “E de onde eran eles?”, pregunteille. “De País Vasco e de Asturias”, dixo con naturalidade.

O segundo a dicir é que por moito que mudou a Galiza dos anos 30, por moito que a televisión autonómica nos deixe ver esas europeas cidades e aldeas galegas, o certo é que aquí ainda impera a imaxe da Galiza pobre e da Galiza afastada da modernidade.

Por iso, non é de extrañar que os autores arxentinos novos e recoñecidos ainda hoxe repitan os estereotipos máis espallados e tamén máis inxustos. Eses mesmos escritores talentosos, sen decatarse repiten e reproducen unha mirada limitadora, anacrónica e irreal dos galegos e das galegas.

Teño aquí só dous exemplos. Penso que chegan ben para estes tres minutos. O ano pasado, o escritor Pablo Ramos (novo, audaz e ben considerado pola crítica) publicou na revista La mujer de mi vida, un conto protagonizado por un galego explotador, vaidoso, esaxerado e bastante parvo. Nesa historia a galeguidade do protagonista non aportaba nada novo (tamén podía ser italiano, polaco ou arxentino mesmo, que cretinos hainos en todas partes) pero sí alimentaba unha imaxen prexuizosa das que o propio Ramos rexeita na súa literatura.

Fai poucas semanas, saiu do prelo o último libro de contos da distinguida e elegante escritora  María Fasce. Nel inclúese o relato Celina sobre unha galega gorda e fea no que se compendian os típicos tópicos: a paisaxe de folleto turísitico, a comida, as meigas, o rural.

Dende logo, non é a idea culpabilizar a ninguén. Dalgún xeito, estes novos autores arxentinos presos dos vellos estereotipos non fan mais que lembrarnos que tamén temos responsabilidade na imaxe que os outros teñen de nós. ¿Faremos algo?

Apertas ao lonxe…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: