Publicado por: deboracampos | Xuño 14, 2007

Raíces en castelán

Ando hoxe atrapada polas redundancias. Penso que se pode decir sen decir, se pode aprender sen aprender, e tambén é posible facer política lingüística sen facer política lingüística. Se cadra, tería que chamar ao médico, por ver se existe medicina para esta doenza. Pero coma sempre me deron algo de medo as xiringas, quedo aquí, remoendo nestes síntomas.

O asunto comezou nestes días cando lin o anuncio dun concurso literario que -organizado polo Centro Galego da cidade arxentina de Rosario- foi lanzado no Día das Letras… das letras galegas e pídovos que non perdades este dato.

Trátase do Primeiro Concurso de Conto da entidade e leva un nome poderoso para os fillos e netos de Galiza: “Raíces galegas”. As bases son elucuentes. E non tanto porque sinalen que o tema debe ter “expresa vinculación con Galiza”, senón porque no mesmo sitio onde anuncian que o fallo do xurado farase público o Día da Patria, o próximo 25 de xullo, tamén advirten que as obras presentadas “deben estar escritas en lingua castelá”.

Moitas das institucións galegas na diáspora levan anos falando castelán. Ofrecen cursos de galego. Cantan de memoria o himno. Coñecen do dereito e do reves o conxuro da queimada. Pero non son quen de comunicarse coa lingua de Galiza e con iso espallan e reproducen unha idea da identidade galega, cando menos, confusa. Como confuso é este concurso.

Hai quen pensa que se pode levar unha identidade galega sen falar nada-nada de galego. Paréceme unha idea xenerosa e apropiada aos tempos que vivimos. Con todo, eu penso que se algo marca unha pertenza é precisamente o compromiso pleno con ese grupo do que se é unha peza entre moitas pezas.

¿Por qué os galegos da diáspora non falamos máis galego? Un vello traballo da profesora de lingüística hispánica na Universidade de Bremen Eva Gugenberger sobre a lingua galega en Bos Aires aseguraba que aquí o galego non se transmite á segunda xeración -que xa medrou na Arxentina- sinxelamente porque os emigrantes pensan que non é unha lingua necesaria ou útil. “Algúns pais -decía ela- trabúcanse pensando (ou queren creer, se cadra para non sentirse culpables) que os seus fillos si falan galego so porque lles aprenderon algunhas palabras ou porque se lles escapan algunhas verbas galegas na sua fala diaria”.

¿Que facer entón? Na miña opinión, seducir co exemplo. Falar galego. Mandar contos ao concurso en lingua galega. En poucas palabras, ser galegos e exercer de galegos.

Apertas, ao lonxe…

Advertisements

Responses

  1. É unha pena que a normalización lingüística non saia dos ámbitos oficiais da política galega, de feito case nin tan siquer chegou de todo a eles.
    É mostra desa oficialidade que son mui poucos os grupos alleos a este poder que se organizan para defender o galego. Derberíamos crealos nós porque, como ti ben dis, as cousas non se fan se non as fai ninguén. Xa é difícil en Vigo canto máis na Arxentina.
    Ánimo e adiante!

  2. Graciñas turonio pola visita e polas verbas de ánimo. Tristemente, uns e outros, nesta beira e nesa beira, necesitamos delas…


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: