Publicado por: deboracampos | Xuño 7, 2007

Día do xornalista

Cada 7 de xuño coma hoxe na Arxentina, os xornalistas temos o noso día. Contan que a data lembra a saía do primeiro periódico da nación: chamábase Gaceta de Buenos Aires, naceu poucos días despóis da Revolución de Maio de 1810 e tiña por director ao ilustre Mariano Moreno.

A verdade, é que hoxendía pouco lembramos a nobreza e moral de Mariano Moreno e toda a festa redúcese a algunhas comidas, saúdos e algún que outro acto serio. Eu, pola miña banda, quixera hoxe, no día do xornalista, lembrar a un escritor que fixo do xornalismo unha ferramenta para mellorar o mundo. Quero lembrar a don Eduardo Blanco Amor. Quero lembrar as moitas páxinas que dirixiu en revistas da colectividade galega en Bos Aires. Quero lembrar -sobre todo- as súas crónicas no xornal arxentino La Nación.

Como sinala Marta Pérez Barreiro no limiar do libro Artigos en La Nación-Eduardo Blanco Amor, o autor ourensán iniciou as súas colaboracións no xornal con artigos referidos a diversos aspectos da cultura galega, coa primeira intención da difusión cultural. Estes traballos servían, ademáis, para emocionar aos galegos emigrados e recordarlles a súa patria. Esa á que non voltarían nunca.

Blanco Amor foi enviados especial do xornal en España por dúas veces: a primeira entre os anos 1928 e 1929 e a segunda entre o 1933 e o 1936. Especialmente nas crónicas de esas viaxes -engade Pérez Barreiro- “Galicia comeza a ser, para os arxentinos, algo máis cunha terra exportadora de carne humana para se converter en berce de excelentes escritores e artistas, cun pasado cultural florecente, un rico floclore e unha nova vitalidade”.

Canto falta hoxe un Blanco Amor para Bos Aires. Canto fixo por librar aos galegos desa imaxe poboada polos típicos tópicos. E canto queda ainda por facer…

É de pensar que tarefa tan importante e permanente foi ben agradecida. É de pensar pero como ben sabedes non foi así. Entrevistado por Victor Freixanes, un xa vello e doente Blanco Amor confesa ainda nas páxinas do libro Unha ducia de galegos: “Non teño máis remedio que vivir da literatura, do que vou escribindo, dos meus libros e os meus artigos nos periódicos. Cando voltei de Bos Aires traía unha xubilación de 16,000 pesetas”. Eses cartos non lle chegaban para sobrevivir polo que non tiña máis remedio que traballar canto podía nos xornais. Contan que nun tempo chegou a escribir ata tres artigos diarios para distintos medios. E así fixo ata o final dos seus días.

O que decía antes: canto falta hoxe un Blanco Amor en Bos Aires. Canto fixo por librar aos galegos desa imaxe poboada polos típicos tópicos. E canto queda ainda por facer…

Apertas, ao lonxe…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: