Publicado por: deboracampos | Marzo 1, 2007

Unha lingua para falar

Levo máis ou menos un mes contándovos historias. Por iso, comezar hoxe dicindo que falo moi mal o galego é -cando menos- redundante. Xa o sabedes.

Podo decir, na miña defensa, que ninguén me aprendeu o galego na casa. Xa sabedes iso da diglosia. Pois eu coñecín o termo académico cando levaba máis de dúas décadas protagonizando o fenómeno.

Cando xa andaba polos trinta anos, un día -e xúruvos que foi así- dei en pensar que se existira efectivamente a máquina do tempo e eu puidese viaxar ao pasado a coñecer aos meus, non ía poder falar con eles na mesma lingua. E non quixen ser a primeira persoa da miña familia que non fose quen de falar o galego. Entón, apunteime nun curso deses que financia a Xunta na diáspora.

E o que atopei nesas clases foi moito máis do que esperaba.

Eu vivo en castelán. Saúdo ao meu fillo cada maña en castelán, fago as compras en castelán e canto coa radio tamén en castelán. Escribo os artigos do xornal e da revista en castelán e dou clases de xornalismo nun rigoroso castelán que é o terror dos meus alumnos. Amo en castelán e detesto en castelán. Calo en castelán e tamén berro na mesma lingua.

E con todo, foi en galego que descubrín que hai unha xeografía da miña persoalidade que non fora explorada antes porque para chegar a ela o castelán non me valía. O galego permitiume narrar historias que levan anos negándose a ser contadas noutra lingua. O galego abriu portas da miña alma que non sabía que existían e o galego é a lingua que mellor reflicte ideas que teño e que escritas noutra lingua perden completamente a súa intensidade.

Son muller. Son máis ou menos nova. Son xornalista e son profesora da universidade máis importante do país no que vivo. Son nai e son esposa. Son bastante coñecedora das novas tecnoloxías, falo algunhas linguas e non podería vivir sin libros e sin ballet.

E falo galego porque o galego fala de min.

Apertas, ao lonxe…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: