Filla de galegos, naceu no Centro Galego de Bos Aires en xaneiro de 1973. Xornalista e profesora na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Buenos Aires (UBA). Formouse na UBA e na escola de xornalistas TEA, mentres traballaba en xornais como Clarín, Página/12, El Día e revistas (Noticias, Veintitrés, Mercado, entre outras). É colaboradora ocasional do xornal electrónico Vieiros de Galiza e membro do Foro de Periodismo Argentino (FOPEA). Traballa fai cinco anos no único xornal gratuito que chega ás principais universidades de Bos Aires. É autora do blog Fíos Invisibles e columnista no Diario Cultural da Radio Galega que conduce Ana Romaní.
A curiosidade matou ao gato e a min pásame o mesmiño ca eles
Estoume a volver tolo intentando atopar unha fotografía súa.
Será posible non dar atopado nada na era da información e coa Internet tan avanzada que temos?
By: Martin on Xullo 30, 2007
at 3:17 pm
Pero home se a ten nesta mesma páxina!!!!! Ainda que ben mirado podia quitala e tamén as outras que estan polo blogomillo e xenerar todo un misterio
)
By: Debora Campos on Xullo 30, 2007
at 7:30 pm
Máis curiosidade aínda???? Eso non é posible. E os seus fans pedimos unha foto súa non unha miniatura
Nada, que a cuestión é que escoiteina no diario Cultural da Radio Galega e non hai cousa que me fastidie máis ca unha voz sen cara aínda que se perda todo o Romanticismo.
Gústanme moito algúns artigos seus pero desde aquí, Galicia, pídolle que meta máis caña as institucións e sobre todo ás empresas privadas.
Grazas pola aclaración da foto e saúdos.
By: Martín on Agosto 1, 2007
at 9:35 am
Grazas Martín por escoitar! Vivir lonxe de Galiza ten algunhas cousas boas e tamén moitas malas. Entre as últimas, perdo calquera posibilidade de intercambio coa xente que escoita o Diario Cultural e que tanto poderían axudarme a facer mellor o que fago. De feito que este comentario éme valioso e moito llo agradezo. Apertas!
By: deboracampos on Agosto 1, 2007
at 12:26 pm
Ola Débora son Suso Rubio (roi buligan) pásame o teu correo se podes, teño que comentarche unha idea, bicos
By: Suso Rubio on Novembro 23, 2007
at 5:16 pm
Feito está. Apertas!!
By: deboracampos on Novembro 26, 2007
at 2:49 pm
Ola Débora:
Soio escoitar pola Radio galega os teus artigos e gústanme moito. Vou ir a Buenos Aires quince días (do 2 ao 16, visitarei a feira do libro) e gustaríame moito poder coñecerte e se fose posible facerche unha entrevista para un traballo de carácter social e antropolóxico que estou a levar a cabo sobre o traballo das mulleres galegas e tamén das que están ao lonxe…
Podería contactar contigo? Se queres como ??.
Unha aperta.
By: Montse Varela on Abril 29, 2008
at 1:25 pm
Ola Montse!
dende logo que podes contactar comigo! agora mesmo mándoche un correo cos meus teléfonos e xa verás como atopas unha chea de galegas interesantísimas!
Benvida!
By: deboracampos on Maio 2, 2008
at 2:29 pm
Olá Débora. tenho de reconhecer que atopei o teu blog hoje, porque foi hoje quando perguntei ao google como era que nom conhecia eu a faciana de quem me alegrou a tarde muitas muitas quintas. Sim, tenho de reconhecer que esperei ao último alento dos teus comentários no diário cultural para buscar-te; mas quero também que quede claro que o motivo de te buscar foi que nom queria que a despedida fose só uni-direccional; graças, Débora, graças e muito ánimo, nom somos poucos (embora eles queiram fazer ver que somos quatro gatos), e seguiremos, e resistiremos.
Saúde, sorte, ánimo, e sobre de todo, apertas….ao longe
By: olizinho on Xullo 2, 2009
at 2:12 pm
Graciñas digo eu olizinho! pola procura, polo saúdo, por estares alí antes e agora. Emocionoume a túa mensaxe.
Apertas!
By: deboracampos on Xullo 2, 2009
at 5:43 pm