O domingo pasado, día 3 de maio, celebrouse en todo o mundo o Día da Liberdade de Prensa ou o Día da Liberdade de Expresión que, ainda que non veñen sendo o mesmo (e vaia que non son o mesmo), moitas veces aparecen equiparados. A idea desta festa xurdiu na Unesco para o recoñecemento da prensa libre, pluralista e independente como un compoñente esencial de toda sociedade democrática.
Foi ese mesmo domingo que o meu Facebook deu en falar do discurso que teceu a xornalista Belén Regueira cando recolleu o premio Mestre Mateo á mellor comunicadora na televisión. As voces repartíanse en dous grupos: os que escoitaran a Belén e deixábanlle parabéns e agradecementos, e os que non a escoitaran e por tanto pedían que algunha alma caritativa subise o video para que o resto puidese enterarse.
Non é doado analizar o campo de traballo da comunicación. O seu obxecto de estudio é esbaradío e moitas son as disciplinas que reclaman participación na partilla. Qué será o que a Academia Galega do Audiovisual escolle premiar é algo tan dificil de definir como o concepto mesmo de comunicación. Con todo, e mais alá dos matices, das correntes, escolas e teorías, comunicar significa poñer en común e, xa que logo, compartir.
Pero qué foi o que dixo Belen Regueira na gala dos Mestre Mateo. Escoitádea:
Poñer en común e compartir. Comunicar tamén significa dicir o que hai que dicir. E facelo cando cumpre dicilo.
Apertas ao lonxe…